Friday 29 de March de 2024

Touro celebra o próximo venres, 5 de novembro, a súa XIII Festa da Castaña


O Concello de Touro celebrará o próximo vernes, día 5 de novembro, a súa XIII Festa da Castaña. A cita da exaltación dos productos do outono, que coincide coa celebración da tradicional Feira do día 5 nas rúas de Fonte Díaz, ten prevista a degustación gratuita de castañas de 12.00 a 14.00 horas diante da sede do Concello de Touro. A celebración desta actividade adáptase as esixencias marcadas pola pandemia da Covid19. Asimesmo están programadas para o dia seguinte, o sábado 6 de novembro, as XVII Xornadas Micolóxicas, que consistirán nun roteiro guiado polo micólogo Xaime Blanco e a clasificación dos cogumelos apañados, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas. Xa non quedan prazas para facer esta actividade que se desenvolverá no Centro de Interpretación do Río Ulla e nos bosques do Concello de Touro.